Cursos 2019Adestramento

Rescate con Moto de Auga
Curso teórico & práctico totalmente presencial. As clases impártense directamente en praia e porto.
Prazo aberto todo o ano. Inscrición en lista de espera e unha vez conformado o grupo acordamos persoalmente a data.
Grpos de 6 alumnos para traballar con 2 motos e 2 instrutores. Priorizamos a calidade sobre a cantidade.
22 horas totalmente presenciais, distribuídos en dúas xornadas e media. Formato intensivo de fin de semana. Esquema flexible.
  • Objetivo
  • Perfil del alumno
  • Requisitos
  • Instructores
  • Contenido
  • Duración & Evaluación
  • Precio

Making a newObxetivo

Rescate con Moto de Agua

Rescate efectivo e goberno de moto náutica destinada ao salvamento e socorrismo acuático velando pola integridade física de patrón e tripulantes, executar manobras de rescate en condicións de seguridade para terceiros, preservando sempre unha actitude disciplinada e de respecto ao medio ambiente.

  • Executar correctamente os protocolos preparativos para a posta en servizo tanto da moto náutica de rescate como a dotación propia da súa utilización en socorrismo.
  • Poñer en valor as vantaxes que ofrece a moto náutica como ferramenta profesional de rescate fronte a determinadas contornas.
  • Operacións auxiliares de supervisión e mantemento que garantan a durabilidad do recurso e o respecto ao medio ambiente.
  • Executar técnicas específicas de manexo da moto náutica en augas calmas e rompientes. Control de variables externas para preservar o goberno da embarcación.
  • Promover un servizo responsable, diligente e eficaz do patrón tanto en preventivo como en emerxencia.
  • Rescate de vítima consciente ou inconsciente con arranxo á técnica específica que cada contorna esixa. Con e sen socorrista.
https://jetgalicia.com/wp-content/uploads/2018/12/formacion.jpg

Making a newPerfil do alumno

Colectivos
  • Socorrista acuático
  • Patróns de embarcacion.
  • Voluntarios de Protección Civil ou Cruz Vermella.
  • Corpos de seguridade, bombeiros, militar ou grupos de rescate.
  • Deportes acuáticos.
https://jetgalicia.com/wp-content/uploads/2019/02/26240528_1989796781037986_2897399241790640397_o.jpg

Making a newRequisitos

Aptitudes
  • Licenza de navegación suficiente ( Motonáutica, PNB, PER ou superior)
  • Saber nadar con fluidez.
  • Ser maior de idade.
  • Aptitudes para o traballo en equipo e o liderado en contorna adversa.
  • Recomendable Socorrista en Espazos Acuáticos Naturais ou Primeiros Auxilios.
https://jetgalicia.com/wp-content/uploads/2019/02/requisitos.jpg

Making a newAdestradores

Equipo docente
O equipo docente de JetGalicia esta composto por profesionais do rescate acuático con máis dunha década de experiencia participando en multitude de disciplinas relacionadas co socorrismo e a navegación. Especializados na Moto de Rescate como ferramenta de intervención rápida desde 2011 JetGalicia mantén un vínculo moi estreito co surf de ondas xigantes. Esta disciplina ofrécenos unha contorna de adestramento real en condicións adversas e extremas. Os coñecementos que o alumno adquire no Curso de Rescate con Moto de auga son froito de anos depurando técnicas e protocolos coas complexidades propias da costa de Galicia. O noso equipo docente ha formado xa a máis de 150 socorristas que traballan nas praias do noso litoral. Tamén participamos de forma periódica con eventos WSL coordinando a seguridade acuática para campionatos de surf, surf xigante, kaiak, travesías, submarinismo ou regatas.

https://jetgalicia.com/wp-content/uploads/2019/02/instructores.jpg

Making a newContido

Temario

Contidos relacionados coa unidade de competencia MF2048_2 e MF2049_2 “Mantemento, conservación, control e manexo de motos náuticas destinadas a socorrismo acuático”

  1. A moto de rescate e a súa dotación específica.
  2. Elementos de seguridade e protocolo de comunicacións.
  3. Checklist previo ao servizo.
  4. Meteoroloxía.
  5. Cartografiá e comportamento da ondada.
  6. Goberno de moto de rescate en augas calmas ou vixilancia.
  7. Goberno de moto de rescate en rompientes e navegación segura entre ondas.
  8. Técnicas especificas de recuperación de vítima.
    1. Victima consciente / inconsciente
    2. Con e sen socorrista
    3. Augas calmas ou rompiente.
  9. Home á auga.
  10. Adrizaje.
  11. Mantemento, control e conservación da moto de rescate.
  12. Manexo responsable e accións de respecto ao medio ambiente.
https://jetgalicia.com/wp-content/uploads/2019/02/CONTENIDO3.jpg

Making a newDuración

Avaluación
O curso ten unha duración total de 22 horas cun formato intensivo de 3 días a xornada partida.
  • Día 1 (Venres): de 16:00 h a 20:00 h
  • Día 2 (Sábado): de 09:00 h a 13:30 h e de 15:30 h a 20:00 h
  • Día 3 (Domingo): de 09:00 h a 13:30 h e de 15:30 h a 20:00 h

O esquema proposto é flexible a modificación. Grupos de 6 prazas. A avaliación é continuada e deben demostrarse competencia suficiente en todas as técnicas aprendidas. Só pódese faltar a un 10% do curso sempre que a falta sexa debidamente xustificada. Ao finalizar o curso farase entrega do correspondente diploma acreditativo.

https://jetgalicia.com/wp-content/uploads/2018/12/preventivo_emergencias.jpg

Making a newPrezo

Por alumno
395 €
Inclúe:
  • Curso teórico & práctico de 22 horas.
  • Seguro de accidentes e RC.
  • Manual.
  • Láminas e checklist.
  • Vídeo dos exercicios.
  • Equipo de Protección Individual: facilitamos a cada alumno Casco, Chaleco e Comunicacións. É imprescindible que cada alumno traia o seu propio trouxen de neopreno (recomendable 4.3 mm) e os seus complementos de protección térmica (luvas, escarpíns ou carapucha).
  • Diploma acreditativo.
  • Obsequio polo de JetGalicia.
  • Inclusión na bolsa de traballo de JetGalicia. Opcional prácticas en contorna de ondas xigantes.

* Desconto especial por grupo.

https://jetgalicia.com/wp-content/uploads/2019/02/perfil.jpg

Formación

Ver Video

Se estás interesade@ no curso de “Rescate con Moto de auga” cobre o formulario de inscrición e poñerémonos en contacto para informarche persoalmente de posibles datas e como formalizar a matrícula.

A data decídese por consenso cando se dispoña de 6 ou máis alumnos en lista de espera. A hubicación tamén é descentralizada e acordada co grupo.

Para grupos grandes ou formatos de curso personalizado non dubide en poñerse en contacto connosco

Whatsapp: 647607604
Teléfono: 647607604

FormularioINSCRIPCIÓN

Erro: Formulario de contacto non atopado.

Rescate & Prevención & Formación & Investigación

https://jetgalicia.com/wp-content/uploads/2018/12/solomoto_footer2.png

Si continuas utilizando este sitio aceptas el uso de cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar